lunes, 6 de mayo de 2013

Preparando o Maio.





Xa chegou a Primavera,

 estación que tanto se fixo esperar.

No CEIP Coutada Beade, 

"O Maio" estamos a preparar.









miércoles, 20 de febrero de 2013

Campanas de Bastabales.


Con este recital que aquí vos amosamos, os nenos/-as de 4º, 5º e 6º de Primaria participaron no recital dos poemas que forman parte de:

                                      "  Cantares  Galegos" de Rosalía de Castro.












Porque o vindeiro 24 de Febreiro está  recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación . 

Ademáis, este ano, é o 150 aniversario da publicación desta obra e, que mellor forma de celebralo que facer unha lectura colectiva entre tod@s.


Se queres ver canta xente participou preme nesta imaxe.






 Esta foi a aportación que fixeron:

CAMPANAS DE BASTABALES.



Participaron:  Brais e Sergio de 4º de Primaria;   Unai e Adrián de 5º   e Laura, de 6º de Primaria.


lunes, 3 de diciembre de 2012

Toponimia de Beade

Este traballo de recompilación sobre a Toponimia da nosa parroquia realizado no curso 2011, foi recuperado recentemente polo Concello para formar parte dun traballo máis amplo sobre os topónimos de VIGO



  


Se queres velo preme aquí.


miércoles, 21 de noviembre de 2012

Degustación de Postres no día do Samaín

O 31 de Outubro realizamos a degustación de postres realizados todos eles con CABAZA


Aquí tedes unha pequena mostra:












Apetitoso eh!

Moitas grazas a tod@s pola vosa participación!

sábado, 27 de octubre de 2012

SAMAÍN; CONCURSO DE CABAZAS



Este ano o concurso de Cabazas foi todo un éxito; tanto pola cantidade de participantes como pola creatividade das vosas cabazas. 
Noraboa e grazas!! 


Aquí tedes este vídeo onde aparece unha mostra do voso traballo: 






E, tras a votación do xurado, composto polos delegados das aulas, os gañadores/-as deste curso 2012 foron: 



1º Premio: Uxía de 6º de Primaria.


    


        


2º Premio: Adara de 1º de Primaria.






 
3º Premio: Nerea de 6º de Primaria.












miércoles, 17 de octubre de 2012

O SAMAÍN


Aproxímase o Samaín e por iso .....  




  • CONCURSO DE CABAZAS:
Durante a semana do 22 ao 26 de OUTUBRO os alumnos/-as que
o desexen poderán traer as cabazas decoradas para participar no Concurso.



  • RECOMPILACIÓN DE RECEITAS: 
As familias que coñecedes receitas que se elaboran con cabaza, podedes redatalas cos vosos fillos/-as e entregalas no centro (ás titoras) para facer unha exposición.
  • DEGUSTACIÓN DE PLATOS:
O mércores 31 de Outubro, durante o recreo, degustaremos os postres e outros pratos (agás soupas e similares) que os alumnos traian de casa elaborados todos eles con Cabaza.